Aref, ‘Abd al-Salam

Aref, ‘Abd al-Salam

Militar e político iraquí. Participou xunto con Kassem no derrocamento da monarquía iraquí (1958), sendo nomeado viceprimeiro ministro da nova República. Foi destituído de todos os seus cargos (1959) ao apoiar o achegamento de Iraq á República Árabe Unida. Organizou o golpe de estado (febreiro do 1963) que o levou á Presidencia da República, establecendo un réxime ditatorial que puxo fin a todas as medidas progresistas dos anos anteriores, reprimindo tanto aos baasistas como aos kurdos. Malia o seu afastamento do poder en 1959 por apoiar a integración na República Árabe Unida, durante a súa etapa como Presidente de Iraq, mantivo unha postura moi oscilante con respecto a esa federación, aínda que sempre dentro da amizade diplomática.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Bagdad

  • Deceso

    Lugar : preto de Basora