Arén, Pedro de
Mestre de obras. Comezou a traballar en 1661 con Domingo de Andrade en Santiago de Compostela. Entre 1666 e 1671 traballou en Salamanca, onde entrou en contacto coas tendencias do primeiro Barroco. Despois regresou a Ourense, onde realizou a reedificación da ermida de Santa María de Reza (1671) e o ensanche da capela do Cristo da Catedral (1674-1677). A partir de 1675, cando foi nomeado mestre de obras da Catedral de Ourense, acelerouse o proceso de barroquización do edificio: influencia herreriana na torre das campás (1682-1693) e das solucións empregadas na Catedral de Santiago de Compostela. Son obras súas a traza do Concello de Ponferrada (1692) e a dirección de obras da igrexa e convento de Santa Clara de Santiago de Compostela (1695), seguindo a traza de Domingo de Andrade. A súa obra caracterízase pola sinxeleza e a monumentalidade, mesturando a súa formación como canteiro coa influencia recollida do Barroco castelán e santiagués.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Terra de Montes -
Deceso