Arenas, Jesús
Militante anarcosindicalista. Emigrou sendo moi novo a Cuba, onde tivo a súa aprendizaxe societaria. Expulsado da illa polo seu activismo, viaxou en 1917 á Coruña para converterse nun dos dirixentes do Sindicato de Estibadores da Federación Local Obrera. En Agosto de 1922 participou na creación da Confederación Regional Galaica da CNT, defendendo as posturas máis radicais. No mesmo ano, formou parte do grupo anarquista Tierra!!, xunto con Ricardo García Lago e Emilio González López. Retornado a América en 1924, consolidou durante a Guerra Civil española unha grande actividade a prol do bando republicano en EE UU, México e Cuba, actuando como secretario de propaganda das Sociedades Hispanas Confederadas de Ayuda a España de Nova York. Rematada a contenda, instalouse en México DF, onde mantivo estreitos vencellos cos libertarios galegos que constituíran alí un comité da CRG no exilio.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Madrid -
Deceso
Lugar : México