Arenberg, Ducado de

Arenberg, Ducado de

Pequeno estado do Sacro Imperio situado no Eifel, entre Colonia e Jülich. No 1644 foi elevado a ducado como feudo inmediato do Sacro Imperio. No 1801 obtivo o rango de Ducado soberano, que perdeu no 1811, ocupado pola Francia napoleónica e incorporado ao Gran Ducado de Berg. No Congreso de Viena (1815), dispúxose que a maior parte do territorio quedase baixo soberanía do Reino de Hannover, e o resto baixo o Reino de Prusia.