Arene Candide
Arene Candide
Cova de Liguria (Italia) cunha importante secuencia estratigráfica, que vai dende o Arenense, documentado nun enterramento con enxoval típico, ata a Idade do Bronce. Ademais atopáronse restos de época romana. Destaca o nivel neolítico que proporcionou a base para a periodización do Neolítico no Mediterráneo occidental.