Arenteiro

Arenteiro
[PUBLIC]

Revista xurdida en novembro de 1931 en Bos Aires e subtitulada “Publicación Oficial de la Sociedad Hijos del Partido de Carballino”. Dirixida por Modesto García, contaba coas colaboracións de Ramón Cabanillas e E. Pardo Bazán, xunto con outros xornalistas, escritores e políticos. Informaba sobre temas relacionados coa emigración galega e sobre as actividades do centro, amais de conter datos culturais e reproducións de poemas de Pondal, Curros Enríquez, Rosalía de Castro, Francisco Añón e outros poetas consagrados. Na prosa destacan narracións de Lamas Carvajal e ensaios de Salvador Cabeza de León e Manuel Murguía.

Palabras veciñas

arenque | arentar | Arenteiro | Arenteiro | Arenteiro, ponte de | arento | Arenys de Mar