Arenteiro, ponte de

Arenteiro, ponte de

Ponte situada sobre o río Arenteiro na parroquia de Barrán, do concello de Piñor de Cea. Trátase dunha ponte, cun van, con bóveda de sillería de medio punto e rasante horizontal. Posiblemente dos séculos XVII ou XVIII. Forma parte do antigo Camiño Real que unía Ourense con Santiago de Compostela.

Palabras veciñas

arentar | Arenteiro | Arenteiro | Arenteiro, ponte de | arento | Arenys de Mar | Arenys de Munt