argalleiro -ra
argalleiro -ra
(< argallar)
-
adx
Que idea mentiras.
Sinónimos: argallante. Confrontacións: aldrabón. -
adx
Que lle gusta organizar festas e inventar bromas para divertirse ou rirse dos demais.
Sinónimos: argallante. -
adx
Que fai as cousas de mala maneira, sen arte.
Sinónimos: argallante, chafallas. -
adx
Persoa que procura ter diñeiro da xente intervindo nos seus negocios e embelecándoa coas súas malas artes.
Sinónimos: argallante, enredante.
Frases feitas
-
Ser argalleiro. Ser arteiro, ser liante.