Argallo, serra de

Argallo, serra de

Aliñación montañosa do Baixo Miño que serve de límite entre os concellos de Oia e Tomiño. Ten unha dirección N-S e correspóndese cun batolito granítico nun contexto de xistos e paragneises. A súa máxima altitude é o alto da Pedrada de 519 m.