Argana
Argana
[PUBLIC]
Revista mensual e gratuíta publicada en Santiago en maio de 1989, dirixida por Anxos Domenech Presa. Subtitulábase “Revista gallega del campo y el mar”. Contaba coas colaboracións de César Lumbreras, Pepe Casal e Xesús Ferreiro, xunto coas de Emilio Lavandeira no humor gráfico e Adela Cano no horóscopo. Incluía información sobre o campo e o mar, feiras e exposicións, aldeas e vilas de Galicia, entrevistas e unha axenda.