Argand-Gauss, plano de

Argand-Gauss, plano de
[MAT]

Plano onde se estableceu un sistema de coordenadas cartesianas e no que se representa cada número complexo a + bi por medio do punto de coordenadas (a, b). Nesta representación todos os puntos que teñen unha ou dúas coordenadas infinitas son considerados como un mesmo punto.

Palabras veciñas

Argana | Argand, Émile | Argand, Jean Robert | Argand-Gauss, plano de | Arganda | arganeo | arganeque