Argantonio
Argantonio
Rei de Tartessos, coñecido só polas referencias de autores gregos. Filohelénico, prestou axuda aos focenses para financiar a fortificación de Focea (cidade grega de Asia Menor) contra a ameaza persa. O seu reinado (quizais do 630 ao 550 a C) correspóndese coa época de esplendor de Tartessos.