aria

aria

(< it aria)

s f [MÚS]

Melodía acompañada por orquestra e seguida dun recitativo, propia de toda obra lírica: ópera, cantata e oratorio. Aria era sinónimo de melodía instrumental ou vogal e designaba pequenos fragmentos, danzas, de esencia xeralmente melódica. Na Italia do s XV expresaba un particular xeito de canto rexional. No s XVI, aer indicaba unha canción adaptable a diversas estrofas da mesma composición poética, referida especialmente á parte da cantilena que se elevou á voz superior e que se fixo independente no s XVII. Co sentido actual apareceu a comezos do s XVII e pode adoptar as estruturas máis diversas; a máis definitiva é a aria da capo, introducida por Alessandro Scarlatti en Teodora (1693). A aria da capo resúmese esquematicamente por A+B+A e foi usada por moitos compositores, sobre todo por espazo dun século, aproximadamente coincidente co s XVIII. Formas derivadas da aria son a cavatina, a cabaletta e a romanza.

Palabras veciñas

arhat* | Århus | Århus | aria | Ariadna | Ariadna | Ariana