Ariadna
Ariadna
[ONOM]
Nome de muller procedente do grego Ariadne ‘santísima, moi casta’, derivado da forma dialectal cretense adnos, que equivale ao grego hagnós ( ἁ γνός) ‘sacro, casto, puro’, máis o prefixo reforzativo ari-. Tamén podería vir de ari- + adnos ‘moi indómita’. A festa de santa Ariadna de Frixia (s III ou IV) celébrase o 17 de setembro. O fío de Ariadna.