Arias Vilas, Felipe
Arqueólogo e director do Museo do Castro de Viladonga (Lugo). Participou ou dirixiu numerosos proxectos relacionados coa Prehistoria e a romanización en Galicia, centrando a súa investigación no Castro de Viladonga e no Lugo romano. É autor de: Las murallas romanas de Lugo (1972), Museo Provincial de Lugo (1981), Castro de Viladonga (1985), A romanización de Galicia (1992) e Museo do Castro de Viladonga (1996); así mesmo, realizou xunto con Ana Romero Masiá o Dicionario de termos de arqueoloxía e prehistoria (1995) e colaborou na obra colectiva Inscriptions romaines de la province de Lugo (1979). É xefe da sección de Arqueoloxía e Prehistoria do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento (CSIC), foi membro fundador do Museo do Pobo Galego e promotor do Consello Galego de Museos; ademais, participa ou colabora noutras entidades de carácter académico, científico e cultural como o International Council of Museums (ICOM), a Asociación de Escritores en Lingua Galega ou a Real Academia Galega de Belas Artes.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Lugo