Ariel
Ariel
Na tradición rabínica, un dos anxos da quinta categoría. De aquí pasa á cábala e á tradición popular como espírito, polo xeral maléfico, do aire e da auga. Deu lugar a personaxes literarios como o Ariel de A Tempestade de Shakespeare e o anxo rebelde do Paraíso Perdido de Milton.