Áridos
Áridos
Nome co que se designan dous xacementos arqueolóxicos situados nun socalco do río Jarama (Madrid) atribuídos ao Acheulense medio. No primeiro dos xacementos (Áridos 1), detectáronse dous solos: o máis antigo, interpretado como unha área de esnaquizamento de animais, contén unha variada industria lítica asociada a restos dun elefante e dous bóvidos; o solo superior, pola contra, contiña abundante material faunístico, pero apenas artefactos. Áridos 2 conta cun terceiro solo que proporcionou restos dun elefante adulto en conexión anatómica asociado a diversa industria lítica, polo que tamén se interpreta como unha área de esnaquizamento.