aristotélico -ca
aristotélico -ca
(< Aristóteles + -ico)
-
adx
Relativo ou pertencente a Aristóteles e á súa filosofía.
-
adx e s
Que é partidario de Aristóteles, seguidor das súas teorías.
-
teatro aristotélico
[ESPECT]
Expresión creada por Bertolt Brecht para designar a dramaturxia baseada na ilusión teatral e no efecto catártico. Tamén denominado “teatro dramático”, “teatro ilusionista” ou “teatro de identificación”.