aristotélico -ca

aristotélico -ca

(< Aristóteles + -ico)

  1. adx

    Relativo ou pertencente a Aristóteles e á súa filosofía.

  2. adx e s

    Que é partidario de Aristóteles, seguidor das súas teorías.

  3. teatro aristotélico [ESPECT]

    Expresión creada por Bertolt Brecht para designar a dramaturxia baseada na ilusión teatral e no efecto catártico. Tamén denominado “teatro dramático”, “teatro ilusionista” ou “teatro de identificación”.

Palabras veciñas

aristoloquina | aristoquina | Aristóteles | aristotélico -ca | aristotelismo | aristoxénese | Aristoxeno