aristoxénese

aristoxénese

(< gr ἄριστος ‘o mellor’ +γένεσις ‘nacemento’)

s f [ANTROP/FISIO]

Modelo proposto por Henry F. Osborn como explicación do progreso evolutivo. Sería resultado da acción dunha minoría de individuos superiores, escollidos para esa tarefa pola perfección que se lles supón. Osborn ampliou esta concepción dual de superior e inferior aos grupos étnicos, o que derivou nunha teoría racista do feito evolutivo humano. Na súa obra Man rises to Parnassus (O home ascende ao Parnaso, 1927), desautoriza as teorías que relacionan a especie humana coa evolución dos simios.

Palabras veciñas

Aristóteles | aristotélico -ca | aristotelismo | aristoxénese | Aristoxeno | Aristoxiton | arita