Arixón

Arixón
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe procedente do Pazo de Arixón, na parroquia de Sorrizo (Arteixo). Dende este lugar pasaron a Arxentina. Asentaron casa en San Salvador de Rebordelos e Caión de Laracha. As súas armas levan, en campo de prata, unha árbore de sinople con dúas serpes ao seu redor e dous cans atacándoas.

Palabras veciñas

aritmógrafo | aritmómetro | Ariwara-no-Narihira | Arixón | Ariza | Arizona | Arjona