Arkwright, Richard
Arkwright, Richard
Industrial e técnico inglés. En 1751 fundou en Cromford unha fábrica de fíos de algodón, na que instalou unha máquina fiadora da súa invención, movida por enerxía hidraúlica (water frame). A empresa adquiriu grandes dimensións e obtivo unha patente que representou a mecanización de todas as operacións complementarias do fiado (1775), coa conseguinte parálise dos pequenos obradoiros manuais. Para organizar os obreiros da súa fábrica, escribiu o primeiro regulamento industrial moderno. A Coroa Británica outorgoulle o título de sir (1786).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Preston, Lanca -
Deceso
Lugar : shire -
Deceso
Lugar : Cromford, Derbyshire