Armada Rodríguez, Alfonso
Xornalista, dramaturgo e director teatral. Correspondente en África do xornal El País e subdirector da revista Teatra. Comezou a súa andaina no mundo da escena co grupo Ditea de Compostela, co que participou en diversas producións. Dende 1987 é director da compañía de teatro Koyaanisqatsi coa que estreou todas as súas pezas dramáticas, entre as que destacan Carmencita jugando, La balsa de La Medusa, El alma de los objectos (Premio Ojo Crítico), Cabaret de la Memoria (1987), Sin Maldita Esperanza e La edad de oro de los perros (1989). En lingua galega publicou O tempo e as palabras, Unha película do país, A praia do Bob Wilson, Carmiña xogando (1997), Pita velenosa, porta dos azares (2002), Haikús da Costa da Morte (2007), TSC. Diario da noite (2009) e Mar Atlántico. Diario dunha travesía (2012). No 1982 gañou o premio de poesía Francisco de Quevedo co libro Fracaso de Tánger.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Vigo