armadillo
armadillo
s
m
[ANIMAL]
Calquera dos mamíferos xenartros da familia dos dasipódidos; todos se caracterizan por ter o dorso, a cabeza, o rabo e a cara externa das extremidades recubertos por escamas ou escudos epidérmico-óseos, que forman unha especie de armadura; algúns presentan tamén pilosidades no resto do corpo. Igual ca os ourizos, teñen a capacidade de enrolarse formando unha bóla, como medida defensiva. Aliméntanse principalmente de insectos. Propios de América, especialmente das pampas de América do Sur, son coñecidos tamén co nome de tatús.