armado -da

armado -da

(< armar)

  1. p reg

    de armar.

  2. adx

    Provisto de armas.

    Ex: O garda de seguridade deberá ir armado cunha arma de fogo.

    Antónimos: inerme.
  3. adx

    Que acontece por medio das armas.

    Ex: Comezou unha sublevación armada. Repudiaron a loita armada.

  4. adx

    Que serve para aquilo que se expresa ou que ten capacidade para emprender algo.

    Ex: Aínda que veña máis xente a cear temos a casa ben armada.

  5. [HERÁLD]
    1. adx

      Dise do animal que ten as unllas de esmalte distintas ás do corpo.

    2. adx

      Aplícase á seta ou lanza cun ferro dun esmalte diferente ao do pao.

    3. adx

      Refírese ao brazo cuberto cun brazal.

    4. adx

      Dise dun home vestido cunha armadura.

    5. adx

      Aplícase a unha perna cuberta cunha greba.

    6. armado de todas as pezas

      Dise dun cabaleiro revestido coa armadura completa con casco e coa viseira alzada ou baixada.

  6. adx [TECNOL]

    Aplícase a un obxecto ou materia ao que se lle aplica ferro ou outro metal para reforzalo ou simplemente adornalo.

    Ex: Porta armada.

  7. s m [ETN]

    Cada un dos homes vestidos de antigos soldados romanos que precedían ás procesións de Semana Santa.

  8. cabalo armado [BÉL]

    Cabalo de guerra montado á brida, con defensas máis eficaces ca as que levaba o cabalo revestido que se montaba á xineta.

  9. forzas armadas [BÉL]

    Conxunto de exércitos.

Frases feitas

  • A man armada. Empregando as armas.

Palabras veciñas

Armada, Cova da | Armada, Petón de | armadillo | armado -da | armadoiro | Armadoiro | armador -ra