armador -ra
armador -ra
(< armar)
-
adx
[MAR]
O que arma ou axunta varias pezas dun obxecto.
-
s
[MAR]
Persoa ou sociedade que se dedica profesionalmente á explotación dunha ou varias naves das que non é preciso que sexa o dono do aparello, aínda que adoita fornecela dos medios necesarios para as faenas de pesca. Durante os ss XVIII e XIX o armador podía posuír un almacén de salgadura, co que completaba a parte industrial desa actividade. Nos portos dedicados á pesca costeira, de baixura, diferenciábase os armadores segundo o aparello de pesca que empregasen: armador de arte, de xeito, de arrastre, etc. Con posterioridade, a palabra armador adquiriu un uso preponderante respecto ao de navieiro.
Ex: Os armadores abandonaron as negociacións sobre o convenio colectivo.