Armagnac
Rexión histórica da Gascuña, Languedoc, que forma, en boa parte, o departamento de Gers. É unha terra de ondulacións montañosas, con bosques nas partes máis altas e bancos de area e arxilas terciarias nas pendentes, plantadas de viñas, das que os seus acios se empregan para a fabricación de viños brancos, e dos que se obtén a coñecida augardente armañac. O condado de Armagnac foi creado no 960 a favor de Bernaldo I o Birollo. Máis tarde foron incorporados os condados de Rodés e de Carlat e os vizcondados de Lomanha, Autvilar, Comenges e de Charolais. O Rei Enrique III de Navarra e IV de Francia incorporou o condado á Coroa no 1607. Luís XIV cedeullo (1654) a Enrique de Lorena-Guisa, conde de Hartcourt, que o mantivo ata a Revolución Francesa (1789).