armado -da
(< armar)
-
p reg
de armar.
-
adx
Provisto de armas.
Ex: O garda de seguridade deberá ir armado cunha arma de fogo.
Antónimos: inerme. -
adx
Que acontece por medio das armas.
Ex: Comezou unha sublevación armada. Repudiaron a loita armada.
-
adx
Que serve para aquilo que se expresa ou que ten capacidade para emprender algo.
Ex: Aínda que veña máis xente a cear temos a casa ben armada.
-
[HERÁLD]
-
adx
Dise do animal que ten as unllas de esmalte distintas ás do corpo.
-
adx
Aplícase á seta ou lanza cun ferro dun esmalte diferente ao do pao.
-
adx
Refírese ao brazo cuberto cun brazal.
-
adx
Dise dun home vestido cunha armadura.
-
adx
Aplícase a unha perna cuberta cunha greba.
-
armado de todas as pezas
Dise dun cabaleiro revestido coa armadura completa con casco e coa viseira alzada ou baixada.
-
adx
-
adx
[TECNOL]
Aplícase a un obxecto ou materia ao que se lle aplica ferro ou outro metal para reforzalo ou simplemente adornalo.
Ex: Porta armada.
-
s
m
[ETN]
Cada un dos homes vestidos de antigos soldados romanos que precedían ás procesións de Semana Santa.
-
cabalo armado
[BÉL]
Cabalo de guerra montado á brida, con defensas máis eficaces ca as que levaba o cabalo revestido que se montaba á xineta.
-
forzas armadas
[BÉL]
Conxunto de exércitos.
Frases feitas
-
A man armada. Empregando as armas.