Armas Castro, Xosé
Doutor en Xeografía e Historia. Profesor de ensino medio e, dende 1988, coordinador da área de Ciencias Sociais no Instituto de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago. Como investigador no eido da Didáctica das Ciencias Sociais, publicou unha colaboración en Textos e materiais para a Historia de Galicia (1990) e outra en Ensinar e aprender Historia na Educación Secundaria (1994), libro do que foi coordinador, e o resultado dunha investigación sobre a historia da educación: La enseñanza primaria en Santiago y su término durante el siglo XIX y primera mitad del siglo XX (1973). Así mesmo, froito do seu traballo como investigador da Historia Medieval de Galicia, escribiu as seguintes obras: La crisis del siglo XIV (1991), Pontevedra en los siglos XII a XV. Configuración y desarrollo de una villa marinera en la Galicia Medieval (1992), Poder y sociedad en la Galicia medieval (1992), Grupos sociais e réxime municipal nas cidades da Baixa Idade Media (1996).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Touro