armatol
armatol
s
m
[HIST/BÉL]
Individuo dunha milicia armada grega mercenaria mantida polos sultáns de Turquía dende o s XVI ata principios do XIX nos Balcáns. O progresivo poder e independencia dos armatoli foron tolerados polo goberno otomano ata a Paz de Belgrado (1739) e perseguidos despois. A súa acción guerrilleira foi unha axuda eficaz para a obtención da independencia de Grecia (1821) verbo da Grande Porta (Imperio Otomano).