Armero
Armero
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe orixinaria do val de Valdivieso, en Burgos. Espallouse por La Rioja, de onde procede a rama que se asentou en Galicia. Os Armero galegos levan, en campo de azul, un castelo de pedra aclarado de goles e, nacente da torre da homenaxe, un guerreiro armado de medio corpo arriba cunha espada espida de goles, na man destra, e unha rodela, na sinistra; bordo de goles, con oito bezantes de ouro.