Armesto Faginas, Xosé Francisco

Armesto Faginas, Xosé Francisco

Xornalista, director da Universidade Popular en Vigo e técnico superior do concello da mesma cidade. Foi secretario da Asociación da Prensa de Vigo e presidente da Unión de Periodistas de Pontevedra. No eido da comunicación desempeñou os postos de director do semanario El Pope, redactor-xefe da Hoja del Lunes de Vigo e redactor-xefe e director do Faro de Vigo. Ademais da súa experiencia como director do Museo de Castrelos de Vigo e como redactor no xornal El Pueblo Gallego, foi correspondente de diversas axencias de información. Obtivo o Premio da Crítica Galicia no apartado de ensaio e foi finalista do Premio Nacional de Literatura de Ensayo. Publicou, entre outras obras, Álvaro Cunqueiro: unha biografía e Cunqueiro, un fabulador.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Tui

  • Falecemento

    Lugar : Vigo