Arnim, Ludwig Joachim von ou Achim von Arnim

Arnim, Ludwig Joachim von ou Achim von Arnim

Escritor romántico. Propulsou un Romanticismo en Alemaña relixioso e historicista, e editou, con Brentano, unha escolma de cancións populares que tivo unha grande influencia posterior: Des Knaben Wunderhorn (O corno marabilloso do rapaz, 1806-1808). Poeta e dramaturgo, obtivo sona sobre todo coa novela Die Kronenwächtern (Os gardiáns da coroa, 1817-1854), unha das primeiras obras históricas que continuou coa temática de Walter Scott.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Berlín

  • Deceso

    Lugar : Wiepersdorf, Brandenburgo