Arno
Arno
Río da Toscana, Italia (245 km de lonxitude, 8.250 km2 de conca). O seu réxime é nivopluvial. Nace no Monte Falterona, flúe en dirección N-S drenando o Casentino, e entra na chaira de Arezzo, onde toma a dirección L-O e encaixa no val de Valdarno. Pasa por Florencia. Desemboca no mar Ligur, cerca da poboación de Marina di Pisa.