arola
arola
Nome científico:
[Lutraria lutraria, Fam dos máctridos]
-
s
f
[ANIMAL]
Molusco lamelibranquio de cuncha sólida e ovada, duns 13 cm de lonxitude e a metade de altura, coas valvas iguais e separadas nos dous extremos, coa charnela moi longa. A parte exterior é de cor branca marelenta ou dourada, co periostraco marrón verdoso, e a interior branca. Atópase no Océano Atlántico e no Mar Mediterráneo, onde vive soterrado na area en fondos de ata 100 m e só saca os sifóns ao exterior.
Sinónimos: meiga, mexarela, mexona, navallón. -
s
f
[ANIMAL]
Denominación xenérica para os bivalbos de cuncha sólida e grande como o berberecho macho, a chirla, a coquina, o moelo, o rabioso e o ameixón.