aron ha-qodeš*
aron ha-qodeš*
s
m
[RELIX]
Peza principal do mobiliario das sinagogas. Caixa funcional onde se gardaban os rolos da Toráh. Ao medrar a veneración dos textos da Toráh como lei escrita, converteuse nun armario empotrado orientado cara a Xerusalén. Decorado con temas simples pero rico material, adoitan atoparse dous elementos: a cortina e, diante, a lámpada permanentemente acendida.