aron ha-qodeš*

aron ha-qodeš*
s m [RELIX]

Peza principal do mobiliario das sinagogas. Caixa funcional onde se gardaban os rolos da Toráh. Ao medrar a veneración dos textos da Toráh como lei escrita, converteuse nun armario empotrado orientado cara a Xerusalén. Decorado con temas simples pero rico material, adoitan atoparse dous elementos: a cortina e, diante, a lámpada permanentemente acendida.

Palabras veciñas

Aromia | Arón | Arón | aron ha-qodeš* | Arón, pena de | Aron, Raymond | Arona