Aromia

Aromia
[ANIMAL/ENTOM]

Xénero de coleópteros da familia dos cerambícidos, de hábitos xilófagos e presentes nos salgueiros de toda Europa. A única especie deste grupo é A. moschata, de antenas longas, de cores metálicas brillantes, xeralmente azuis ou verdes, e con dúas manchas vermellas no tórax. Polo seu cheiro a almiscre era apreciado como aromatizante.

Palabras veciñas

aromatización | aromatizante | aromatizar | Aromia | Arón | Arón | aron ha-qodeš*