aromatización
(< aromatizar)
-
s
f
Acción e efecto de aromatizar.
-
s
f
[ALIM]
Aplicación de aromatizantes. A aromatización é unha operación industrial, xeralmente simple na que o aromatizante pode ser aplicado por disolución, dispersión, mestura, pulverización dun líquido sobre un sólido ou impregnación.
-
s
f
[IND]
Formación de hidrocarburos aromáticos no reforming catalítico das fraccións do petróleo. En moitos casos a acción é efectuada en presenza de hidróxeno e chámase hydroforming.
-
s
f
[QUÍM]
Transformación dun composto alicíclico (con ciclos hexagonais) en aromático, por deshidroxenización. A aromatización obtense, xeralmente, quentando en presenza de catalizadores de hidroxenización (platino ou paladio) ou de certas substancias facilmente reducibles (xofre, selenio ou tetraclorobenzoquinona).