aromatizante
aromatizante
(< aromatizar)
-
adx
Que aromatiza.
-
s
m
[ALIM]
Substancia que, aplicada en pequena cantidade, comunica un aroma ou mellora ou reforza o existente, nun alimento, bebida, tabaco, cosmético, etc. Os aromatizantes tamén poden servir para encubrir un cheiro desagradable en produtos farmacéuticos, plásticos, tinturas de imprenta, aire do ambiente, etc. Empréganse como aromatizantes composicións preparadas con produtos naturais, tales como as especies, os aceites esenciais e as olorresinas e unha gran variedade de compostos químicos obtidos por transformación de produtos naturais ou por síntese.
-
adx
[ALIM]
Aplícase o cualificativo de aromatizantes ás especies, en xeral, así como á cortiza de laranxa ou de limón, á rama de canela, ao azafrán, ao loureiro, etc.