Arón

Arón
[ONOM]

Antropónimo procedente do hebreo Aharon, nome do irmán de Moisés, primeiro Grande Sacerdote de Israel. Probablemente procede de aron co significado de ‘arca’, aínda que hai outras interpretacións como ‘iluminado’, ‘montañés’ ou ‘alto’. Arón ou Aharón, consagrado xunto cos seus descendentes sacerdote de Iavé, foi o creador do famoso “vélaro de ouro”. A súa festividade celébrase o 1 de xullo.

Palabras veciñas

aromatizante | aromatizar | Aromia | Arón | Arón | aron ha-qodeš* | Arón, pena de