Arón
Arón
Irmán maior de Moisés, segundo a tradición bíblica. Ao principiar o Éxodo, foi o representante de Moisés diante do pobo hebreo e diante do Faraón. Considéraselle primeiro Sumo Sacerdote de Israel. Na fachada das Praterías da Catedral de Santiago represéntase unha escena que recolle a disputa entre Arón e Moisés segundo a explicación de Psalterio de Albani.