Arosa, Tomás de
Arosa, Tomás de
Pintor e dourador. Os dous altares laterais da Igrexa de Escravitude (1749) están traballados por el e o seu cuñado, Xoán Manuel Lens. Xunto con Benito Calviño, a petición do párroco de Vilar de Prego, Manuel de Villanueva Villaldo, contratóuselle a obra de pintura e dourado do altar maior de Santa María de Bardaos, no que figuraban as imaxes da Virxe, san Xaquín e san Xosé. Parece ser que tamén pintou para a Fábrica de Cordeiro a imaxe de santa Columba (1763).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Santiago de Compostela