arqueiro -ra

arqueiro -ra

(< arco)

  1. s

    Tirador de arco.

  2. s m [BÉL/HIST]

    Soldado que emprega o arco como arma ofensiva. Pola súa destreza, tiveron sona os cretenses, os escitas, os partos, os persas, os hunos e os normandos. Na Idade Media europea figuraban na composición dos exércitos corpos de arqueiros a pé e a cabalo. Os ingleses manexaban no s XIV un grande arco típico, que lles foi moi eficiente na Guerra dos Cen Anos. Os arqueiros figuraban aínda nos exércitos turcos e rusos a principios do s XIX.

  3. s [DEP]

    Quen practica o tiro con arco.

  4. s m

    Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘camiño’.

Palabras veciñas

arqueira | arqueirar | arqueiriño -ña | arqueiro -ra | Arquelao | Arquelao | Arquelao