arqueiro -ra
arqueiro -ra
(< arco)
-
s
Tirador de arco.
-
s
m
[BÉL/HIST]
Soldado que emprega o arco como arma ofensiva. Pola súa destreza, tiveron sona os cretenses, os escitas, os partos, os persas, os hunos e os normandos. Na Idade Media europea figuraban na composición dos exércitos corpos de arqueiros a pé e a cabalo. Os ingleses manexaban no s XIV un grande arco típico, que lles foi moi eficiente na Guerra dos Cen Anos. Os arqueiros figuraban aínda nos exércitos turcos e rusos a principios do s XIX.
-
s
[DEP]
Quen practica o tiro con arco.
-
s
m
Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘camiño’.