Arrabal

Arrabal
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe de orixe toponímica, procedente dos concellos de Oia e Ponteareas. As súas armas levan, en campo de sinople, un castelo de ouro aclarado de azul e, sobre a torre de homenaxe, unha asta de bandeira de prata; e bordo de goles cargado de oito panelas, de ouro.