arras
(< lat *arra < arrabō < gr ἀρραβών‘fianza’)
-
s
f pl
Conxunto de trece moedas que o noivo entrega á noiva durante a cerimonia de casamento nos matrimonios católicos.
-
s
f pl
[DER]
Bens que un home doa á súa futura esposa para que se poida manter en caso de viuvez, abandono, etc.
-
s
f pl
[DER]
Cantidade de bens funxibles ou suma de diñeiro que se dá como garantía nun contrato.
-
s
f pl
[ECON]
Sinal dado como garantía para a seguranza dun contrato ou unha compra.
Sinónimos: peñor. -
arras confirmatorias
[DER]
Arras que se entregan para sinalar a perfección dun contrato de compra-venda. A súa función difire segundo se trate dun contrato de venda civil ou mercantil. Unha vez outorgado o contrato civil, en caso de incumprimento por parte do comprador, este perde a garantía e debe restituír ou imputar a prestación debida; en caso de ser o vendedor quen incumpra, debe reintegrar ao comprador a garantía redobrada. Constitúe un principio de execución que impide ás partes botarse atrás. Nas vendas mercantís as arras enténdense entregadas a conta do prezo.
-
arras matrimoniais
[DER]
Nome dado antigamente a certas doazóns esponsalicias.
-
arras penais
[DER]
Arras confirmatorias que predeterminan a indemnización a recibir en caso de incumprimento do contrato. Figura afín á cláusula penal.
-
arras penitenciais/de desistimento
[DER]
Arras entregadas de forma que as partes se reservan a facultade de desistir do contrato.