Arras, Tratado de
Arras, Tratado de
Acordo pactado entre Luís XI de Francia e Maximiliano de Austria, asinado en Arras en decembro do 1482, polo que Francia renunciaba a Flandres e obtiña o ducado de Borgoña. A cambio, Margarida, filla de María de Borgoña e de Maximiliano de Austria, comprometíase co delfín de Francia, Carlos, fillo de Luís XI, recibindo en dote a rexión de Artois e o Franco Condado.