Arras, Unión de
Arras, Unión de
Liga constituída no 1579 polas rexións católicas de lingua francesa do sur dos Países Baixos (Artois, Hainaut e parte do Brabante) e polas cidades valonas de Lille e Douai, entre outras. Rompía a alianza asinada en 1577 cos estados protestantes do N (Pacificación de Gante) e proclamaba a fidelidade a Filipe II de Castela.