arrastre
(
-
s
m
Acción e efecto de arrastrar ou arrastrarse.
-
s
m
[PESCA]
-
Faena que consiste en tirar da rede, arrastrándoa, para recoller o peixe.
-
Modalidade de aparellos de pesca, arrastrados por un barco en movemento. Consiste nunha rede que se mantén aberta verticalmente por medio de flotadores e pesos, e horizontalmente polas portas que se botan dende a popa da embarcación. O barco realiza unha serie de manobras destinadas a posibilitar que os bancos de peixes poidan ser engulidos polo copo. Hai dous tipos de aparellos de arrastre: os de rede (xábega, boliche, bou, vaca, etc), e os de marisqueo (can, ganchelo, fisga, rasqueta francada, truel, etc). A introdución do arrastre, nos espacios onde se empregaban aparellos tradicionais, supuxo unha continua fonte de problemas. Eran aparellos máis grandes e produtivos, e polo tanto máis caros; os mariñeiros que se dedicaban á pesca con redes de carácter máis tradicional, como pode ser o xeito, non se podían permitir comprar unha rede de arrastre e, polo tanto, non eran capaces de competir cos armadores dos arrastres. Por outra banda, os defensores dos métodos de pesca tradicional sinalaban que estes novos aparellos eran prexudiciais para a pesca, xa que a súa acción de arrastre removía os fondos e mataba as crías de especies como a sardiña.
-
-
s
m
[AERON]
Fase da aterraxe dun globo tripulado na que a cesta vai arrastrando por terra mentres o aeróstato, aínda non desinchado, se move pola forza do vento.
-
s
m
[XEOL]
Terras propias dun aluvión.
-
s
m
[XOGO]
En certos xogos de cartas, trunfo.
Ex: O arrastre son copas.